Noticias

Galicia recibiu este ano máis de 5,7 millóns de viaxeiros aloxados, cun crecemento superior ao 6%

Ata o mes de setembro a Comunidade rexistrou máis de 5,7 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 11 millóns de noites, tanto nos establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), como extrahoteleiros (apartamentos, campings, albergues e turismo rural), o que supón un incremento do 6,4% en número de viaxeiros aloxados e do 6,1% en canto as noites neste ano. Estes bós datos veñen impulsados pola boa afluencia de viaxeiros no mes de setembro. Como revelan os datos do INE que hoxe fixo públicos sobre os establecementos extrahoteleiros, só nestes establecementos o número de viaxeiros medrou un 21% ese mes. A estes súmanse os datos en hoteis e pensións xa coñecidos a semana pasada e que dan como resultado que só en setembro máis de 865.000 viaxeiros se hospedaron nos establecementos de aloxamento galegos.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron hoxe en Dumbría o Hotel Boutique Mar do Ézaro, un dos preto de 400 establecementos adheridos ata o de agora á campaña do Bono Turismo da Xunta coa que se fomentan as viaxes dos galegos en Galicia durante o outono.

Alí valorou o “excelente comportamento” que está a amosar o turismo en Galicia, despois de dous Anos Santos consecutivos, e que se traduce en que ata setembro a Comunidade rexistrou máis de 5,7 millóns de viaxeiros aloxados e máis de 11 millóns de noites, tanto nos establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), como extrahoteleiros (apartamentos, campings, albergues e turismo rural). “Falamos dun incremento do 6,4% en número de viaxeiros aloxados e do 6,1% en canto as noites neste ano”, expresou.

Neste sentido, indicou que estes bós datos veñen impulsados pola boa afluencia de viaxeiros só no mes de setembro. Como revelan os datos do INE que hoxe fixo públicos sobre os establecementos extrahoteleiros, só nestes establecementos o número de viaxeiros medrou un 21% ese mes. A estes súmanse os datos en hoteis e pensións xa coñecidos a semana pasada e que dan como resultado que só en setembro máis de 865.000 viaxeiros se hospedaron nos establecementos de aloxamento galegos. Isto supón un incremento de media do 9% en todos os establecementos só en setembro.

Xosé Merelles indicou que o turismo en Galicia está a vivir un “bo momento de xeito cuantivativo pero tamén cualitativo”, con melloras tamén na rendibilidade hoteleira durante todo o ano. Segundo os datos do INE, rexistráronse nos nove primeiros meses deste 2023 os mellores niveis de rendibilidade hoteleira desde que se teñen rexistros, superando nun 7% os niveis do ano pasado en un 26% nos do ano 2019, o ano inmediatamente anterior á pandemia.

Desestacionalización en outono

En relación a estas cifras, Xosé Merelles confiou en que esta tendencia positiva de setembro continúe tamén en outono para o que se conta con iniciativas como o Bono Turismo. Neste sentido, agradeceu a “excelente resposta” dos galegos ante a descarga o pasado venres “en tempo récord” dos 10.000 Bonos Turismo da Xunta e animou a todos os beneficiarios a que agora “poidan descubrir e redescubrir Galicia empregándoos ata o 25 de decembro”. De feito, como dixo, só na primeira fin de semana mobilizáronse máis de 53.000 euros nos establecementos adheridos e máis de 18.000 euros de descontos a cargo da Xunta.

Tamén salientou a boa acollida que está a ter a iniciativa entre o sector, con preto de 400 empresas adheridas como o Hotel Boutique Mar do Ézaro que hoxe visitou. Recordou, ademais, que as empresas aínda están en prazo para seguir sumándose. Poden facelo a través de www.bonoturismo.gal, ata o 1 de decembro.

O director de Turismo salientou a importancia desta iniciativa para desestacionalizar a actividade turística, facilitando as viaxes neste outono “e contribuíndo tamén a apoiar o sector, xa que temos previsto mobilizar nestes meses ata 2,5M€”.

R., 2023-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-catedral-sant.jpg) Tivo lugar a entrega de distintivos Q e S de Calidade Turística 2024 da Axencia de Turismo de Galicia. Este ano entregáronse 53 novas distincións Q de Calidade e 39 S de Sostibilidade. Actualmente, Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis distintivos Q e a cuarta de distintivos S. O sector turístico galego atravesa un dos seus mellores momentos, con cifras récord no 2023 e cada vez máis diversificado e desestacionalizado, e con máis de 1,3 millóns de viaxeiros que se aloxaron nos establecementos turísticos galegos nos primeiros catro meses do ano e á crecente tendencia á internacionalización do destino, cun crecemento do 5% do número de turistas estranxeiros que se aloxaron en Galicia no que vai de ano.
Foto de la tercera plana (universidade-estudante.jpg) Un total de 106 universitarios que remataron os seus estudos no ano 2023 veñen de ser galardoados cos Premios fin de carreira pola súa excelencia académica. Así o recoñece a Xunta de Galicia, que publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución con estas distincións. O 62% do alumnado recoñecido son mulleres e, do total de galardoados, 52 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela, 35 á de Vigo e 19 á da Coruña. Os mellores expedientes distribúense entre 64 titulacións nos diferentes campus.

Notas

O profesor do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña, José Antonio Orosa García, e Ander Ruiz Zardoya, doutorado pola UDC, acaban de ser galardoados pola revista especializada do ámbito mariño Journal of Marine Science and Engineering (JMSE) (Q1), polo seu artigo 'Methodological Design Optimization of a Marine LNG Internal Combustion Gas Engine to Burn Alternative Fuels'.
Tivo lugar o xoves 30 de maio no salón de plenos de Concello de Paradela a reunión do xurado do XXIX CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ, que organiza o propio Concello. Os primeiros premios foron para LUIS LEXANDEL P. G. (CUBA) na categoría de poesía; CRISTÓBAL S. P. (PONTEVEDRA) en narrativa, e JESÚS C. N. (SANTIAGO DE COMPOSTELA) na categoría Camiño de Santiago.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES