Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As idades

lunes, 13 de mayo de 2024
Ata os vinte e cinco anos
(sobre todo na adolescencia e na xuventude)
todo é entusiasmo,
todo é paixón,
todo é ardor,
todo é furor e formación.

Entre os vinte e cinco e os sesenta e cinco
fas da familia, dos amigos e do traballo o teu mundo
(un mundo máxico e feliz),
intentas mellorar a sociedade,
non lle temes ás dificultades,
comes o mundo con duras e doentes dentadas.

Dos sesenta e cinco ata os oitenta
quítalo pé do acelerador
e tentas baixar a velocidade,
moderas os impulsos e os esforzos,
temperas os ánimos
e contemplas a vida doutra maneira.

E, sen dúbida alguna,
dos oitenta e cinco en adiante
cada día que pasa é una propina da vida.

POIS... A VIDA PODE SER:

coma un suspiro
ou coma un berro.

coma un bater de ás na póla dun piñeiro
ou coma un voo veloz polo firmamento.

Coma unha caricia
ou coma unha labazada.

Coma un bico
ou coma un esgarro.

Coma unha brisa
ou coma un vendaval.

Coma un ceo
ou coma un inferno.

E tamén pode ser
unha mestura de todo isto.

Depende
de como a vexas e de como a vivas.

En todo caso...
Carpe diem.
Silva, Manuel
Silva, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES